O Decreto do alcalde número 1192, do día 8 de xuño de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de intervención número 10 do plan especial da cidade histórica, promovido por Construcciones Otero Pombo, S.A.
O ámbito da urbanización correspóndese cos seguintes lindes:
Norte: colexio público Raíña Fabiola.
Sur: hortas posteriores de edificacións con fronte á calzada do Carme de Abaixo.
Leste: rúa de Entregaleras (tralo edificio de Unión Fenosa).
Oeste: calzada do Carme de Abaixo (entre os números 10 e 12).
O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

