1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto: subministración de mobiliario para o Centro Cultural de Ribadeo.
3. Orzamento: 9.001.310 pesetas.
4. Prazo de entrega e instalación: 1 mes.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.
6. Información: Servicio de Planos Provinciais e Contratación (Negociado de Planos Especiais).
7. Presentación das ofertas: 14 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 130, do 10 de xuño de 1999.
Lugo, 10 de xuño de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

