En sesión conxunta celebrado o día 11 de xuño de 1999, os tribunais nº 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición se realice o día 29 de xuño de 1999, ás 17 horas, na Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar para a realización do exame abriranse ás 16.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica e poderán levar textos legais sen comentarios excluíndose os libros de consulta.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.
Jaime Bouzada RomeroJosé A. Fernández Vázquez
Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº2
Domingo Bello Janeiro
Presidente do tribunal nº 3