A Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, establece na disposición adicional terceira que con efectos do 1 de xullo de 1999, se modifica o artigo 35 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado nos seguintes termos:
«Estará exento do canon de saneamento o consumo ou a utilización de auga para usos domésticos das aglomeracións urbanas de menos de 2.000 habitantes, entendidas estas como aquelas zonas xeográficas formadas por un ou varios municipios, ou parte dun ou varios deles, que pola súa poboación ou actividade económica constitúan un foco de xeración de augas residuais que xustifique a recollida e conducción a unha instalación de tratamento ou a un punto de vertido final. Regulamentariamente determinarase a
relación de aglomeracións urbanas que, consonte o antes disposto, non estarán exentas do canon de saneamento. O límite do número e habitantes poderá ser variado anualmente na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma.».
De acordo co mandato legal, por esta orde determínase a relación de aglomeracións urbanas suxeitas ó canon de saneamento para usos domésticos a partir dos datos das previsións do plan de saneamento para Galicia.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Artigo único.-Apróbase a relación de aglomeracións urbanas suxeitas ó canon de saneamento para usos domésticos, que figura como anexo a esta orde.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda