III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.
Advertido erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 87, do venres, 7 de maio de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:
-Na táboa de salarios, no grupo II: administrativos, xefe de primeira, onde di: «11.525», debe dicir: «111.525»; en auxiliar con antigüidade superior a 3 anos, onde di: «35.577», debe dicir: «85.577».