Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, para a execución das obras de saneamento e abastecemento en Portela e outros.

Obxecto: execución das obras de saneamento e abastecemento en Portela e outros.

Orzamento: 18.706.105 pesetas.

Garantías:

Provisional: 374.122 pesetas.

Definitiva: o equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 6 meses.

Información: Concello de Forcarei (secretaría).

Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Forcarei, 27 de maio de 1999.

Manuel Brea Porto

Alcalde