Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 7 de xuño de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, as obras:

Luz pública no núcleo de Barreiro e outros.

Acceso a núcleos de Pazo do Monte e outros.

Por este anuncio convócase licitación pública para a adxudicación destas obras.

Obxecto dos contratos: a adxudicación das obras:

Luz pública no núcleo de Barreiro e outros.

Acceso ós núcleos de Pazo do Monte e outros.

Prazo de execución: fíxase en catro meses desde a data de formalización dos contratos.

Tipos de licitación: luz pública no núcleo de Barreiro e outros: 3.950.094 ptas. IVE e honorarios de redacción de proxecto incluídos. Acceso ós núcleos de Pazo do Monte e outros: 6.000.000 de ptas. IVE e honorarios de redacción de proxecto incluídos.

Garantías: luz pública no núcleo de Barreiro e outros: provisional: 79.002 ptas. Definitiva: 158.004 ptas.

Acceso ós núcleos de Pazo do Monte e outros: provisional: 120.000 ptas. Definitiva: 240.000 ptas.

Entidade adxudicadora: Concello de Meaño. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Obtención de documentación e información: Concello de Meaño, As Covas nº 20-Meaño, código postal 36968, teléfono: 986 74 71 02.

Presentación de proposicións: presentarase proposición por obra. Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do concello en horario dás 9 ás 13.30 horas no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 e segundo as formalidades desta.

Apertura de proposicións: ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatamente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións.

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Meaño, 14 de xuño de 1999.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde