Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 5/1999.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de accesos ós núcleos de poboación de Saiáns e outros.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 9.516.123 ptas.

5. Fianza provisional: 190.322 ptas. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de condicións, presentarase de acordo co seguinte modelo:

«D/Dª ....., con DNI núm. ....., expedido en ....., con data do ....., en nome propio (ou en representación de ....., como acredita por .....), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia núm. ....., de data ....., toma parte neste comprometéndose a realiza-la obra de accesos a núcleos de poboación de Saiáns e outros, no prezo de ..... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

Moraña, 21 de maio de 1999.

José Eiras Paz

Alcalde