Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 27 do PXOU situado entre as rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa.

A Comisión de Goberno, en virtude da delegación do alcalde do 15-7-1996, en sesión de 31-5-1999, acordou aprobar, con carácter inicial, o Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de actuación número 27 do PXOU, situada entre as rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa e formulado, mediante iniciativa particular, polas entidades mercantís Promociones Ramírez y Construcciones Gallegas, S.L. e Construcuatro, S.A., estando composto o PERI inicialmente aprobado do primeiro

proxecto presentado, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 3-3-1998 e os seus documentos de emenda, con visado colexial do 23-12-1998 e 6-4-1999, que amplían e reforman ou anulan á correlativa daquel, en función do informe previo emitido pola CPTOPV do 20-5-1998, sendo toda esta documentación redactada polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro e requirir á entidade mercantil promotora do PERI a presentación durante a súa fase de información pública dun texto refundido do documento presentado orixinariamente e a súas emendas tralo informe previo da CPTOPV, coa finalidade de unificar nun único texto do PERI toda a documentación inicialmente aprobada.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Tareixa) e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio ou tentada a notificación non se puidera practicar.

Pontevedra, 9 de xuño de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral