Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta entidade local, na súa sesión extraordinaria do 24 de maio de 1999, o proxecto de urbanización do parque empresarial do Concello de Ribadavia, exponse o público na secretaría deste concello polo prazo dun mes a partir da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que, durante este poidan formularse as reclamacións ou as observacións que se coiden oportunas, as cales iran dirixidas ó alcalde presidente deste concello.

Ribadavia, 31 de maio de 1999.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde