O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de soar sito entre as rúas Tomás A. Alonso, 22-24 e Torrecedeira, 113, conforme a documentación presentada pola entidade Inmobiliaria Nino Mirón, S.L e Extraco S.A., redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado, Emilio Estévez Fernández e José Antonio González González, e visado polo COAG con datas do 9 de abril e do 7 de maio de 1999.
Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia.
Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 15 de xuño de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

