O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da seguinte subministración.
Obxecto: subministración de 100 contedores para recollida de lixo.
Orzamento: 3.074.000 pesetas (IVE incluído).
Fianzas. Provisional: 2%. Definitiva: 4%.
Prazo execución: 2 meses.
Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas das 9 ás 13, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó do último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.
Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.
Vilanova de Arousa, 26 de maio de 1999.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

