Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da seguinte obra.

Obxecto: rede de sumidoiros Caleiro-San Miguel.

Orzamento: 14.512.192 pesetas (IVE incluído).

Fianzas. Provisional: 2%. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Prazo execución: 6 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas das 9 ás 13, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó do último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 26 de maio de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde