Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da seguinte obra.

Obxecto: accesos a núcleos de Vilanova de Arousa.

Orzamento: 7.501.398 pesetas (IVE incluído).

Fianzas. Provisional: 2% do tipo. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo execución: 3 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas das 9 ás 13, durante o prazo de 14 días naturais, contados a partir do seguinte ó último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 27 de maio de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde