A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 16 de xuño de 1999, aprobou o cadro de características técnicas para a contratación da obra que a seguir se relaciona.
A contratación, que se adxudicará mediante concurso por procedemento aberto, rexerase polo disposto no prego tipo de cláusulas económico-administrativas particulares, aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de xuño de 1996, coas especificacións contidas no cadro.
Cadro de características técnicas.
1. Proxecto: pavimentación e servicios na rúa Machuco.
2. Tipo de licitación: dez millóns (10.000.000) de pesetas (60.101,21 euros), de acordo coa seguinte desagregación:
Execución material: 7.244.277 ptas.
Gastos xerais: 941.756 ptas.
Beneficio industrial: 434.657 ptas.
IVE (16%): 1.379.310 ptas.
3. Financiamento: incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de competencia municipal, a obra é cofinanciada polas seguintes administracións:
Ministerio de Administracións Públicas: 5.000.000 de ptas.
Deputación Provincial de Lugo: 2.500.000 ptas.
Concello de Viveiro: 2.500.000 ptas.
4. Prazo de execución: dous meses.
5. Clasificación: non se esixe.
6. Tramitación: urxente.
7. Prazo e lugar de presentación: 13 días naturais, a contaren desde ó seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do concello. Se o último día coincidise en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
8. Garantía provisional: 200.000 ptas.
9. Garantía definitiva: 400.000 ptas.
10. Revisión de prezos: considerando o reducido prazo de execución, non procede a revisión de prezos.
Viveiro, 17 de xuño de 1999.
Justo Vázquez Chao
Alcalde accidental

