Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (Expediente LU-E 93/1999 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase a seguir.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria á xefa de Negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsablidade, tal como o establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

En caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 24 de maio de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

máxima

David de la Fuente Pérez

e Fco. J. García Fernández

B-27.101.609LU-E 93/199926-e) L.O. 1/1992r/ Duquesa de Alba 14

Monforte de Lemos

Ata 50.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 97/199926-e) L.O. 1/1992Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

Fernando Méndez Rodríguez76.618.582LU-E 97/199926-e) L.O. 1/1992Ver, BóvedaAta 50.000 ptas.

Minimal Pub, S.L.B-27.219.690LU-E 97/199926-e) L.O. 1/1992r/ Galicia 9, LugoAta 50.000 ptas.

Ramón González Freire34.261.921LU-E 97/199923-o) en relación

co 26-e) L.O. 1/1992

r/ Reboredo 37, 3º

Monforte de Lemos

Ata 5.000.000 ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses