Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia.
c) Número de expediente: 28/99.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: producción e edición dun vídeo sobre voluntariado social que se configurará como un instrumento que permita a tódolos seus destinatarios o coñecemento do voluntariado e da acción voluntaria.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución: 2 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 4.000.000 de ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: si. Importe:160.000 ptas. (4% importe de licitación).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Familia.
b) Domicilio: San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: Información: 981 54 56 71- 54 56 69.
e) Telefax: 981 54 46 34.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: non se esixen.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.
c) Lugar de presentación:
lª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
2ª Domicilio: San Caetano.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
(Ou na forma establecida no artigo l00 do Regulamento xeral de contratación do Estado).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Domicilio: San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.
10. Outras informacións.
11. Gastos do anuncio.
Este anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1999.
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia e
Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

