Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-231/98 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 25 de maio de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 231/98.

Denunciante: Raúl R. Lameiro Antón, enderezo Estivada-Cantoarena-Marín.

Feitos denunciados: pescar utilizando 3 vetas de 30 m cunha maia de 6 cm. Sorprendéronos mentres levantaban as ditas artes do fondo, comprobando como nelas estaban atrapadas 18 quilos de robaliza. Feitos denunciados ás 0.10 horas do día 18 de novembro de 1998 no lugar da desembocadura no río Lérez, do concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 16-3-99.

Precepto infrinxido: 35.2º da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas. para pagar conxunta e solidariamente, co tamén denunciado Francisco J. Lameiro González.

Indemnización: de 1.500 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día, quedando obrigado a entregala no prazo dun mes no Servicio de MAN, contado desde que a sanción sexa firme.

Expediente: 231/98.

Denunciante: Francisco J. Lameiro González, enderezo Estivada-Cantoarena-Marín.

Feitos denunciados: pescar utilizando 3 vetas de 30 m cunha maia de 6 cm. Sorprendéronos mentres levantaban as ditas artes do fondo, comprobando como nelas estaban atrapadas 18 quilos de robaliza. Feitos denunciados ás 0.10 horas do día 18 de novembro de 1998 no lugar da desembocadura no río Lérez, do concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 16-3-99.

Precepto infrinxido: 35.2º da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas. para pagar conxunta e solidariamente, co tamén denunciado Raúl R. Lameiro Antón.

Indemnización: de 1.500 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día, quedando obrigado a entregala no prazo dun mes no Servicio de MAN, contado desde que a sanción sexa firme.

Expediente: 2/99.

Denunciante: Ramón Barreiro Mera, enderezo r/ Cres L'Escar, 94-3-Barcelona.

Feitos denunciados: pescar sen licencia, capturando dúas troitas, usando como cebo culleriña (non estando autorizado como cebo a culleriña nin a pesca de salmónidos nesta época do ano). A troita común media 25 cm e a troita arco iris 38 cm. Feitos ocorridos o día 3 de xaneiro de 1999, ás 12.10 horas, no encoro de Portodemouros, no concello de Santiso.

Data do acordo da incoación: 7-4-99.

Precepto infrinxido: 34.1º e 33.9º da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 e 33 da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 75.000 ptas.

Expediente: 16/99.

Denunciante: Carlos Porto Amil, enderezo Ganade-Areas-Ponteareas.

Feitos denunciados: ter un artefacto de uso prohibido (unha fisga de 13 dentes) escondida no interior do vehículo que utilizaba, estando este aparcando a 5 metros do leito do río, sen que poida xustifica-la súa aplicación a mesteres distintos á pesca, mentres el se encontraba encima da estacada nº 20 do tramo 1º observando o paso das especies nas augas na cal non está autorizado a pescar. Feitos denunciados ás 0.40 horas do día 5 de febreiro de 1999 no río Tea, lugar de Ponte Cordeiro, do concello de Salvaterra de Miño.

Data do acordo da incoación: 20-4-99.

Precepto infrinxido: 34.4º da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/92, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, quedando obrigado a entregala no prazo dun mes no Servicio de MAN, contado desde que a sanción sexa firme.