Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Tines, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/69/98.

No organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Tines, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de

maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio

do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, s/n.-15071 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos Monelos-praza Luis Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n-15008 A Coruña.

Concello de Outes: Xeneral Franco, 1-15230 Outes (A Coruña).

Concello de Mazaricos: Avda. Trece de Abril, 59; 15256 A Picota-Mazaricos (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Concello de Outes.

Enderezo: Xeneral Franco, 1-15230 Outes (A Coruña).

Representante: Carlos E. López Crespo.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica Tines-I.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 3.500 l/sg.

Corrente de derivación: río Tines (cota do aliviadoiro do azude: 75).

Corrente de restitución: río Tines (cota de turbinas: 45).

Desnivel (salto ocupado): 30 m.

Altura do azude: 9 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia instalada en xeradores: 793 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Outes (A Coruña). O concello de Mazaricos (A Coruña) tamén se ve afectado, pois no punto onde se vai construí-lo azude, o río Tines é o límite entre ambos concellos.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

Prevese un azude sobre o leito na cota 70 e aliviadoiro á cota 75. Perfil tipo Creager e 60 m de lonxitude de vertedoiro. Dispón dunha escala de peixes.

Obra de toma no estribo dereito do azude cun bocal. Existe unha reixa de grosos e unha cámara de decan-

tación de finos, cun limparrexas automático ó final. Disponse dunha válvula de regulación.

-Tubería de presión:

Vai desde a cámara de regulación do azude ata as turbinas cunha lonxitude de 1.450 m. Executada en aceiro helicosoldado e de diámetro interior 1.500 mm, de espesores variables entre 6 e 8 mm. Irá soterrada no terreo.

-Edificio da central:

Ten unhas dimensións en planta de 35 m por 9,7 m. Interiormente a altura libre será de 7 m. A súa estructura é de formigón armado. A cuberta será de fibrocemento e tella e os cerramentos exteriores en bloque de formigón enfoscado con morteiro de cemento branco.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Dúas turbinas Francis xemelgas e de igual potencia, 411 kW. Cada unha, con velocidade de rotación de 1.000 rpm e caudal unitario de 1.750 l/sg.

Xeradores síncronos axustados ás turbinas, de potencia 450 kVA, tensión 400 V e velocidade sincrónica 1.000 rpm.

Transformadores trifásicos de 450 kVA de potencia e relación 20.000±2.5±5/400 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que sexan procedentes, os que a seguir se indican:

Concello de Outes: polígono nº 503: parcelas 79 a 83, 264 a 277, 2074, 2077, 2079, 2082, 2083, 2087, 2092, 2093, 2098 a 2100, 2104 a 2106, 2112, 2115, 2129-b, 2131-b, 2132-b, 2133-b, 2134-b, 2135, 2266, 2268, 2269, 2272, 2274, 2275.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.