Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de coordinación e xestión de comunicación e relacións externas do proxecto Foros Tecnolóxicos Galicia-Norte de Portugal.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de coordinación e xestión de comunicación e relacións externas do proxecto Foros Tecnolóxicos Galicia-Norte de Portugal.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 13/99.

2. Obxecto do contrato: servicios de coordinación e xestión de comunicación e relacións externas do proxecto Foros Tecnolóxicos Galicia-Norte de Portugal.

Prazo de execución: esténdese desde a formalización do contrato ata a data límite 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 26.500.099 ptas. (vinteseis millóns cincocentas mil noventa e nove pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: 14.900.099 ptas.

Lote 2: 11.600.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional lote 1: 298.002 ptas.

Provisional lote 2: 232.000 ptas.

Provisional total: 530.002 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do

prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica