Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de xestión, desenvolvemento e mantemento do servidor de comercio electrónico Webexport.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de xestión, desenvolvemento e mantemento do servidor de correo electrónico Webexport.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 15/99.

2. Obxecto do contrato: servicios de xestión, desenvolvemento e mantemento do servidor de correo electrónico Webexport, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: coordinación e xestión xeral do proxecto.

Lote 2: desenvolvemento do Webexport.

Lote 3: mantemento de Webexport.

Prazos de execución:

Lote 1: máximo de 18 meses desde a instalación no Parque Teconolóxico de Galicia da infraestructura básica para a prestación dos servicios contratados, finalizando en calquera caso o 31 de decembro do ano 2000.

Lote 2: oito meses a partir da formalización do contrato.

Lote 3: seis meses a partir da posta en funcionamento do servicio Webexport.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 18.640.000 ptas. (dezaoito millóns seiscentas corenta mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: 9.360.000 ptas.

Lote 2: 5.940.000 ptas.

Lote 3: 3.340.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional lote 1: 187.200 ptas.

Provisional lote 2: 118.800 ptas.

Provisional lote 3: 66.800 ptas.

Provisional total: 372.800 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do término do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica