Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento técnico da iniciativa Webexport.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento técnico da iniciativa Webexport.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 14/99.

2. Obxecto do contrato.

Subministración, instalación e posta en marcha do equipamento técnico da iniciativa Webexport.

a) O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: equipamento Hardware y Software.

Lote 2: equipamento para servicio de vídeo sobre Intranet.

b) Lugar de entrega e instalación dos bens obxecto do contrato: a entrega e instalación efectuarase na sede do Parque Tecnolóxico de Galicia, sito en San Cibrao das Viñas (Ourense), ou en calquera outro lugar deseñado polo instituto.

c) Prazo máximo de entrega e instalación:

Lote 1: corenta e cinco días a partir da formalización do contrato.

Lote 2: tres meses a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 22.500.000 ptas. (vintedous millóns cincocentas mil pesetas), IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Lote 1: 15.170.000 ptas.

Lote 2: 7.330.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional lote 1: 303.400 ptas.

Provisional lote 2: 146.600 ptas.

Provisional total: 450.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica