A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998
(DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Obxecto e orzamento.
C.P. 4/99: lote único.
Denominación: servicio de transporte no PAC de Narón.
Importe: 4.200.000 ptas./ano.
Neste importe inclúese o IVE.
2. Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999.
3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (departamento de subministracións), polígono da gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborables, de 9 a 14 horas.
4. Fianzas.
a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.
5. Clasificación: non se esixe.
6. Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.
7. Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.
8. Admisión de variantes: non se admiten.
9. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10.1º do prego de cláusulas administrativas. Se ese coincide en festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.
10. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:
1º. Prezo ofertado: 50%.
2º. Calidade técnica: 35%.
3º. Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.
13. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Ferrol, 5 de maio de 1999.
Luis Verde Remeseiro
Director xerente de Atención Primaria
da Coruña-Ferrol

