A Alcaldía-Presidencia do Concello, en execución dos acordos da Comisión Municipal de Goberno do 19 de maio de 1999, acorda a contratación mediante concurso urxente con procedemento aberto da subministración que se sinalará; exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que rexirá na contratación referida e que poderá ser obxecto de exame y reclamacións neste concello durante o prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP, convocándose simultaneamente licitación para o contrato coas características que se indican a seguir:
Cadro de características do contrato.
1. Obxecto: subministración dunha máquina varredora urbana.
2. Tipo de licitación: 16.812.880 ptas.
3. Partida: 442/623.00.
4. Prazo de subministración: 1 mes.
5. Clasificación do contratista: non se esixe.
6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (Pardo Bazán, nº 6. Burela).
7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.
8. Fianza provisional: 336.257 ptas.
9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.
10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: Fondo de Cooperación Local de 1999.
11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
Burela, 17 de xuño de 1999.
O alcalde
P.D.F. (Resolución alcaldía 6-5-1996)
Sergio López García
Primeiro tenente de alcalde
Manuel Díaz Sánchez
Secretario
ANEXO I
Modelo de proposición.
Don/Dona ... con enderezo na rúa ... nº ... teléfono ... con DNI (ou pasaporte ou documneto que o substitúa) nº ... actuando en nome propio (ou en representación de ... DNI ou CIF nº ... e con enderezo ... nº ... teléfono ...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a subministración dunha máquina varredora urbana, e para tales efectos fai constar.
1. Que se ofrece a subministración de ... (marca e modelo), no prezo de ... ptas., que significa unha baixa de ... ptas., en relación co tipo de licitación, e que ofrece as seguintes melloras: ...
2. Que coñece e acepta cantas obrigacións se deriven do prego de condicións do presente contrato.
3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.
... de ... de 19...
O/A licitador/a (asinado e rubricado)
Modelo do sobre
Proposición para tomar parte na subministración dunha máquina varredora urbana ... presentada por: ...
En ... o ... de ... de 19...
O/A licitador/a (asinado e rubricado)

