Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Xestora, en sesión do 8-4-1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias de planeamento municipal vixentes segundo o documento redactado por Consultora Galegal, S.L., no que se recollen o informe sobre as alegacións formuladas e as determinacións sinaladas polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2. Aproba-lo informe contido no documento de modificación ó respecto das alegacións formuladas, notificándoselle-lo presente acordo a tódolos interesados, con incorporación do informe sobre as alegacións.

3. Que se proceda á publicación do presente acordo no DOG e BOP.

4. Que se proceda á publicación no BOP do documento aprobado nos termos sinalados no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

5. Que se dea traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciado pola Secretaría do Concello, ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Este acordo é definitivo en vía administrativa, e contra el pódese interpor recurso potestativo de reposición ante a Comisión Xestora ou ser impugnado directamente ante o Xulgado do Contencioso de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó recibo da presente notificación, tal e como dispón o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. No suposto de interpo-lo recurso potestativo de reposición regulado nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 14-1-1999), o prazo de interposición é dun mes e o prazo para dictar e notifica-la resolución do recurso é tamen dun mes, contado desde a data da interposición, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución

expresa notificada, de conformidade co establecido no Art. 43-2 da Lei 29/1992, modificada pola Lei 4/1999, podendo entón o interesado interpor recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte daquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º) e 4) da Lei 30/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere procedente conforme a dereito.

Illa de Arousa, 1 de xuño de 1999.

Juan Manuel Dios Oubiña

Presidente da Comisión Xestora