Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 29 de abril do ano que andamos, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de espacios libres e zonas verdes, na Coutelana-O Temple, Cambre, presentado por Ángel Pena Fandiño, e redactado polo arquitecto Francisco Luis Freire González.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 28 de maio de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde