O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 29 de abril do ano que andamos, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste da aliñación dos edificios situados na marxe esquerda da estrada Cambre-Carral, presentado por Antonio Vila Cid, e redactado polo arquitecto Emilio Cortés Varela.
O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.
Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.
Cambre, 28 de maio de 1999.
Antonio Varela Saavedra
Alcalde

