En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:
1. Entidade adxudicatora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.
c) Número de expediente: Ref. 1213.
2. Obxecto do contrato.
a) tipo de contrato: de obra.
b) Descrición do obxecto: rehabilitación de fornos tradicionais: ruta dos fornos.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 8 de abril de 1999 e DOG do 21 de abril de 1999.
3. Tramite, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 22.595.713 ptas.
5. Adxudicación.
a) Data: 13 de maio de 1999.
b) Contratista: Empresa Constructora M. Cruz.
c) Importe de adxudicación: 21.443.332 ptas.
Ourense, 19 de maio de 1999.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde

