Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización para o desenvolvemento dos terreos sobrantes da zona ferroviaria de Pontevedra.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o vinteseis de abril do 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización para o desenvolvemento dos terreos sobrantes da zona ferroviaria de Pontevedra, promovido, mediante iniciativa particular, por Promociones Inmobiliarias Renfapex 2000, S.A., e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, sendo visado pola Delegación en Pontevedra do COAG o 6-11-1998, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 3 de maio de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral