Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 18 de maio do ano en que estamos e co voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación das normas subsidiarias do planeamento do concello derivado do contido da ordenanza reguladora de patios de parcela estremeiros con vía ou espacio público.

Contra este acordo poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que deberá dictarse e notificarse no prazo doutro mes, ou ben interpor recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza desta Comunidade Autónoma, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do presente escrito ou no prazo de seis meses desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición indicado de se ter interposto, advertíndoo de que tamén poderán utilizar calquer outro recurso

que coide pertinente ou exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Rianxo, 24 de maio de 1999.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde