O Pleno do Concello, na súa sesión do 3 de xullo de 1998, aprobou definitivamente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono 1 do plan parcial do solo urbanizable non programado número 27 (SUNP-27) en Piñeiro, promovidos polas sociedades Lorygar, S.L. e Cumega.
O texto íntegro dos estatutos e bases de actuación aprobados definitivamente foi publicado no BOP número 216, do día 19 de setembro de 1998.
Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

