Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación do programa de adaptación e anticipación do sector turístico do municipio de Sanxenxo (Antursan)-1999, exponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo anúnciase a convocatoria de concurso para a devandita contratación.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: programa de adaptación e anticipación do sector turístico do municipio de Sanxenxo-1999.
b) Prazo de execución: o sinalado no proxecto.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 46.824.000 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 936.480 pesetas.
Definitiva: 4% do importe do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
Secretaría do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75- 76. Fax: 986 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, ben sexa no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de condicións administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: no quinto día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
Criterios de adxudicación: cláusula 15 do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 11 de xuño de 1999.
José L. Rodríguez Lorenzo
Alcalde

