Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data, acordou:

1º. Aprobar definitivamente o estudio de detalle e o proxecto de compensación promovidos por instancia de Montesiago, S.L., comprensivo de dous predios 274-3 e 275 do P.X.C.P. de Cacheiras, situadas en Montouto, de 17.742 m de superficie neta, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2º. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 31 de maio de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde