Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación dunha parcela sita en Cacheiras, tramitado por instancia de José Ces Canle, en representación de Promociones Gallegas, S.A.

A parcela ten unha superficie neta de 6.999 m, e linda: norte: Montesiago, S.L.; sur: Uneda 2000; leste: estrada comarcal de Santiago de Compostela a A Estrada (C-541) e oeste: regato.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 15 de xuño de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde