Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente a modificación ó proxecto de estudio de detalle dunha parcela sita en Montouto-Cacheiras, tramitado por instancia de Ramón Souto Caneda e José Esturao García, en representación de Uneda 2000 S.L.

A parcela linda: norte: José de la Torre; sur: Juan Vázquez; leste: estrada comarcal de Santiago de Compostela a A Estrada (C-541) e oeste: regato.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 15 de xuño de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde