Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, en Comisión de Goberno do Concello do Grove do 21 de maio deste ano, o proxecto de urbanización de vía en Terra de Porto, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Ángel Parada Costa, E/R de Construcciones Eco-Grove, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado proxecto de urbanización de vía durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou ós que, intentada a notificación, non se lles puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 27 de maio de 1999.

José A. Galiñanes Mascato

Alcalde