Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 9.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 10 de xuño de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NN.SS. de Arteixo, consistente nun dobre obxectivo: por unha parte, amplia-lo largo da vía; por outra parte, reaxusta-la normativa aplicable a dúas parcelas á ordenanza atribuída maioritariamente polas normas ó resto do cuarteirón en que se localizan aquelas (URME-1 e 2), promovido por Rafael González-Cebrián Tello, como representante de Manuel, Andrés e Jesús Vázquez Taboada e redactado polo arquitecto Rafael González-Cebrián Tello, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 09/1999, PMP).

Arteixo, 16 de xuño de 1999.

Carlos José Mosquera Calvete

Alcalde en funcións