Mediante acordo da Comisión de Goberno deste Concello, adoptado na sesión celebrada o día 8 de xuño de 1999, acordouse:
1. Aproba-lo expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, das obras que seguidamente se dirán, do Concello de Oímbra, do exercicio de 1999.
2. Aproba-lo gasto derivado da execución das obras que se van contratar, estando as obras a) e b) subvencionadas ó 100% pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, e tendo que achega-lo concello na obra c) a cantidade de 2.945.030 ptas.
3. Abri-lo procedemento de licitación destas obras, dándolle publicidade no taboleiro de edictos, no BOP e no Diario Oficial de Galicia da seguinte:
Convocatoria de concurso en procedemento aberto:
Obxecto: a execución das obras que seguidamente se especifican, facendo constar que os contratistas interesados poden presenta-la súa oferta neste concurso para unha, dúas ou as tres obras, xa que cada obra se adxudicará individualmente.
a) Rede de sumidoiros nas Casas dos Montes: orzamento de execución por contrata de 5.548.817 ptas. Programa PIEL do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia. Proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 4 meses.
b) Luz pública en Oímbra e San Cibrao: orzamento de execución por contrata de 6.773.371 ptas. Programa PIEL do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia. Proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 4 meses.
c) Saneamento nas Casas dos Montes, A Granxa e Bousés: orzamento de execución por contrata de 13.060.000 ptas. Plan Operativo local. Proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 4 meses.
Orzamento base de licitación: o orzamento de execución por contrata especificado para cada obra. Nas ofertas que se formulen poderanse introducir variacións ou outras solucións técnicas co obxecto de mellora-las previsións do proxecto, sempre que se cumpran os requisitos sinalados ó describi-las melloras pola cláusula oitava do prego que rexe na contratación.
Clasificación do contratista: non se esixe para ningunha das 3 obras obxecto da convocatoria.
Prazo de execución das obras: o que se especificou anteriormente para cada obra ó describi-lo obxecto do contrato.
Garantías: como garantías para participar no concurso para execución das obras, de cada unha esixirase o 2% do orzamento de execución por contrata como garantía provisional, e o 4% dese orzamento como garantía definitiva.
Prazo de presentación das proposicións: os 13 días naturais seguintes á derradeira publicación, no BOP ou no Diario Oficial de Galicia da convocatoria do concurso, se o último día coincidise sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.
Celebración da licitación: o concurso terá lugar ás 17 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas.
Criterios que se deben ter en conta na licitación:
1. As melloras que os concursantes efectúen na súa oferta nos termos establecidos, sen superar en absoluto o orzamento de execución por contrata para cada obra.
2. A valoración que efectúa a mesa de contratación da realización de obras con bos resultados de características similares para o Concello de Oímbra.
3. A rebaixa no prazo inicialmente previsto para a execución das obras.
4. Os medios técnicos, humanos e materiais que os concorrentes se comprometan a poñer ó servicio da obra.
5. O maior importe da baixa ofertada sobre o tipo de licitación.
Pagamento do prezo contractual: con cargo ó orzamento municipal de 1999, partida 5.60.
Exame do expediente: nas oficinas da Secretaría deste Concello, desde as 9 horas ata as 14 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.
Presentación de documentación: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse na forma que se sinala na cláusula oitava do prego que rexe na contratación.
Oímbra, 14 de xuño de 1999.
Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde

