Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 9.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do camiño de San Brais, ó paso superior da estrada nacional 543.

A Comisión de Goberno, o 10-5-1999 aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do camiño de San Brais ó paso superior da estrada nacional 543, formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio de Xestión e Disciplina Urbanística, tendo que proceder

Centros Comerciales Continente, S.A. como promotora da urbanización, a realiza-la efectiva execución destas obras consonte o proxecto aprobado, pola súa conta e medios, baixo a dirección e control desta Administración municipal e suxeitándose a determinadas condicións, tendo designados a Alcaldía como facultativos directores das obras ó enxeñeiro xefe dos Servicios Técnicos Municipais e enxeñeiro técnico de Obras Públicas xefe das Brigadas Municipais.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º da Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes consonte o dereito.

Pontevedra, 24 de maio de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral