Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 9.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal de Valdoviño, en sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 1999, acordou aprobar incialmente o proxecto da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Valdoviño, para a ampliación do núcleo rural da Gandará (Lago-Valdoviño).

O que en cumprimento do artigo 42 da Lei do solo de Galicia, se somete a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, para que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Valdoviño, 15 de xuño de 1999.

Elisa Garrido Canterero

Alcaldesa