Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 9.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

Obxecto: a explotación da cafetería situada no parque público da Xunqueira.

Tipo de licitación: non se fixa.

Duración do contrato: 5 anos, prorrogables por un máximo de dous.

Garantías.

Provisional: 50.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XIV do prego, presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa, das 9.30 ás 13.30 horas, ou por correo na forma legalmente establecida, dentro dos 26 días naturais seguintes a aquel en que se publique o último anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións que se encontra á disposición dos interesados na secretaría do concello en horario das 9.30 ás 13.30 horas.

Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Apertura de proposicións: terá lugar no concello ás 12 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado terá lugar o seguinte día hábil.

Vilagarcía de Arousa, 10 de xuño de 1999.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde