Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 9.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

Por acordo do Concello Pleno, do día 20 de maio de 1999, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a venda mediante poxa aberta dun ben patrimonial, propiedade do Concello de Vilagarcía de Arousa, parcela edificable de 1.174 m no sector do Plan Parcial do Castriño, con destino ó uso concreto e individualizado de Centro de Atención e Tratamento Integral da Parálise Cerebral.

Tipo de licitación: fíxase en 4.100.000 ptas. A mellora realizarase á alza con respecto ó tipo de licitación.

Fianza provisional: fíxase en 82.000 ptas.

Exposición do expediente: na secretaría do concello, tódolos días laborables, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: na secretaría do concello, das 9.30 ás 13.30 horas, durante o prazo de vinteseis días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: na casa do concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Proposicións: deberán presentarse conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos que deben presenta-los licitadores: a documentación para presentar polos licitadores é a prevista na cláusula VII do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 11 de xuño de 1999.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde