Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 1999 pola que se modifica a do 14 de abril de 1999 pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de bacharelato para adultos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 14 de abril de 1999 (DOG do 29 de abril) ordénanse e organízanse as ensinanzas de bacharelato para adultos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ó ser necesario incrementa-la franxa horaria establecida, con carácter xeral, para imparti-las ensinanzas de bacharelato para adultos, de maneira que se adapte o cadro horario establecido no anexo I da mencionada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único.-Modifica-lo artigo 4, número 2º, da citada orde, na páxina 5.092 (DOG nº 81, do 29 de abril de 1999), nos seguintes termos: onde di «..., as ensinanzas do bacharelato poderán impartirse, con carácter xeral, entre as dezaseis horas e as vintedúas horas, de luns a venres», deberá dicir «... as ensinanzas do bacharelato poderán impartirse, con carácter xeral, entre as dezaseis horas e as vintedúas trinta horas, de luns a venres».

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Directores xerais de Centros e Inspección

Educativa e de Ordenación Educativa e Formación

Profesional