Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO. (Expediente 21/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 18 de xuño de 1999, dictou a seguinte resolución:

Vistos os artigos 87, 120 e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), así como as disposicións contidas no capítulo 3, título 1 da normativa do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal e de conformidade cos criterios contidos no informe que figura no expediente, esta Alcaldía Presidencia, no uso das facultades que me confire a lexislación vixente,

RESOLVO:

Aprobar inicialmente o expediente de delimitación do polígono F9.01 para a xestión da ARE F9.01, coa plasmación gráfica que se incorpora ó expediente e a seguinte descrición e relación de propietarios e parcelas afectadas.

Descrición: polígono mixto irregular de dezasete lados, cunha superficie de vintedous mil douscentos dezanove metros cadrados (22.219 m), que linda:

Polo norte, no vértice, coa confluencia da Avenida de Arteixo e rúa Puerto Rico.

Polo leste, en liña quebrada en dirección sur, composta por nove tramos, cinco lindantes coa rúa Puerto Rico, tres seguintes bordeando o muro de cerramento da edificación existente e último en tramo recto de 36,25 metros polo bordo interior da beirarrúa de Avenida da Sardiñeira.

Polo sur, en vértice, coa Avda. da Sardiñeira.

Polo oeste, desde a Avda. da Sardiñeira, en liña quebrada composta de oito tramos rectos e un en curva, en dirección norte ata a Avda. da Sardiñeira, finalizando en tramo recto de 127,46 m que linda este último na súa totalidade co bordo interior da beirarrúa correspondente á Avda. de Arteixo.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 121 da Lei do solo de Galicia, que establece un prazo de información pública de vinte días, durante os cales se poderá consulta-lo expediente na Sección de Xestión do Solo, de luns a venres e de 12 a 13.30 horas, así como presenta-la documentación que acredite a titularidade se esta non estivese xa presentada.

A Coruña, 22 de xuño de 1999.

O Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

ANEXO

Relación de propietarios e parcelas afectadas

TitularDomicilioNº Parc.Parc. catastralSuperf.

Oubel GarcíaPraza, 14-2º4760370568
Sánchez AyerbeSardiñeira 37 Dta. 14 A5760370670
Pampín IglesiasHortensias6760370771
Rey PatiñoNoia, 55-8º Esq.7760370886
CasalPuerto Rico8760370973
Platas LafuenteAvda. Mallos, 106-2º Dta.9760371070
Hdros. García CastroIndustrial, 5-7º10760371162
Domínguez MíguezPuerto Rico11760371271
Díaz VázquezSan Rosendo, 22-5º Dta.12760371370
Inmobiliaria CubelaAvda. Chile, 27-113760371454
Casares OzoresPepín Rivero 1 e 21476020015107
ConcelloMaría Pita1576020026464
Solorzano GalegoJuan Flórez, 25-8º1676020031007
Camino TojoM. Farto Parra, 22-6º B177602004124
Veira CedeiraMosquera Palleiro, 7 (Arteixo)18760200590
Campos MéndezAgra dos Mallos, 4-1º197602006 e 7602011140
Ferruelo GutiérrezAgra dos Mallos, 1-1º D207602007128
Martínez BouzaSalv. Madariaga, 57-4º D217602008125
Ares GarcíaAranga (Feás)22760200975
Ferruelo GutiérrezAgra dos Mallos, 1-1º D23Parte de 7602010124
Ferruelo GutiérrezAgra dos Mallos, 1-1º D24Parte de 760201093
Rodríguez DíazTvsia. Mercé, 3 baixo25Resto outra Exprop.230
ConcelloMaría Pita26Porción parcela E6276
López FernándezAlmirante Cadarso, 5-9º H27Parte de 7602012603
López FernándezAlmirante Cadarso, 5-9º H28Parte de 7602013329