Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 13 de maio de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto, tramitación de urxencia para a explotación das instalacións municipais de ambigú do pavillón de deportes municipal de Cedeira, exponse ó público durante o prazo de 8 días na secretaría do concello.
Ó mesmo tempo, e de conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación do concurso de referencia, se ben a licitación se
adiará no suposto de que se formulasen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata que as resolva a corporación.
1. Entidade adxudicataria:
a) Organismo: Concello de Cedeira.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato: explotación das instalacións municipais de ambigú do pavillón de deportes municipal de Cedeira.
3. Duración do contrato: seis meses prorrogables tacitamente por iguais períodos ata un máximo de cinco anos, de non existir denuncia do contrato por
calquera das partes con dous meses de antelación á data do vencemento.
4. Canon que ten que satisface-lo concesionario: non se fixa canon anual para percibi-lo concello, deixándoselles liberdade ós licitadores para propoñelo nas súas ofertas.
5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
6. Garantía provisional: 25.000 pesetas.
7. Garantía definitiva: 75.000 pesetas.
8. Obtención de documentación e información: Concello de Cedeira, rúa Real nº 15, Cedeira (A Coruña). Tfno.: 981 48 00 00.
9. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Cedeira de 9 a 14 horas durante o prazo de trece (13) días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
10. Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en sobre cerrado titulado «Proposición para tomar parte no concurso para a adxudicación da concesión da explotación das instalacións municipais de ambigú do pavillón de deportes municipal de Cedeira» e conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.
11. Apertura de proposicións: no salón de comisións da Casa do Concello de Cedeira, ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de ser sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Cedeira, 16 de xuño de 1999.
O alcalde-presidente
Rubricado

