A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 8 de xuño de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación voluntaria para o desenvolvemento da unidade de actuación nº 21, sita na Ramallosa, San Pedro, presentado por Teresa López Martínez. Durante o prazo de vinte días exponse ó público o expediente co obxecto de que poida ser examinado e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.
Nigrán, 8 de xuño de 1999.
José Villar Pereira
Alcalde

