Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-339).

Por Resolución 2709/1999, do 11 de maio de 1999, acordouse o seguinte:

Aprobar definitivamente o expediente de delimitación do SUNP B-25-R, na Cova, Oleiros, e a súa división en dous polígonos de execución, coas modificacións derivadas da resolución de alegacións que xa foron incluídas no documento R.E. 6429 do 10-5-1999 que será, por tanto, dilixenciado.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación,

perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artículos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén poderá interpoñer contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 16 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta en funcións