Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (306/1998).

Anúnciase que, con data do 31 de maio de 1999 e número 1934 do libro de resolucións, o alcalde dictou o seguinte decreto:

«Primeiro.-Rexeita-la alegación presentada por Rosalía Vázquez Castro nos seguintes termos:

1. Manifesta a interesada non estar conforme co aproveitamento e beneficios que obtén Sofalco, S.L. no polígono, alegando que «... é demostrado que obtén un beneficio dificilmente xustificable, se se pretende establecer unha xusta distribución de cargas e beneficios»; sobre isto cabe dicir que non se fundamenta a existencia do beneficio alegado así como tampouco se xustifica o suposto incumprimento do principio de xusta distribución de cargas e beneficios do planeamento. Así mesmo, faise constar que no proxecto de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación non se recoñece ningún aproveitamento individualizado nin se efectúa o reparto de cargas e beneficios, establecendo unicamente os criterios deste que, no particular desta alegación, observan o disposto no artigo 101.1º a), por remisión do artigo 133.6º, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, de acordo co que o dereito dos propietarios será proporcional á superficie das súas respectivas parcelas no

momento da aprobación da delimitación do polígono, criterio recollido na base 5º.

2. Sobre habilitación da comisión xestora, de conformidade co disposto no artigo 133.4º da lei do solo de Galicia, os estatutos e bases de actuación serán tramitados polo concello por instancia de propietarios que representen máis do 50% da superficie total do polígono constituídos en comisión xestora, circunstancia que concorre neste caso, ó ser subscrita a petición por tódolos membros da comisión xestora.

3. Sobre a necesidade de constitución da xunta de delegados, a teor do disposto no artigo 166, letra g) do Regulamento de xestión urbanística, é contido necesario dos estatutos a definición dos órganos de goberno e administración, forma de designalo e facultades de cada un deles, sendo competencia da asemblea xeral a designación dos seus membros, mantendo así o principio de actuación democrática no seu seo. As competencias desta xunta de delegados son simplemente executivas e de administración, pero sempre de acordo cos dictados da asemblea xeral como consta no artigo 19.5º dos estatutos, reservándose á asemblea xeral todos aqueles asuntos que sexan relevantes para a entidade e os seus socios, como reza o artigo 18 dos estatutos.

4. A teor do disposto no artigo 134.3º da Lei do solo de Galicia, a xunta de compensación terá natureza administrativa, polo que os seus actos son inmediatamente executivos sen prexuízo da posibilidade de impugnación nos termos do artigo 184 do Regulamento de xestión urbanística, tendo en conta que coa recente entrada en vigor da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o recurso procedente é o de alzada, polo que procede a modificación do artigo 37 dos estatutos, substituíndo a referencia ó recurso ordinario polo de alzada.

5. Os criterios da determinación das cotas de participación das bases 5 e 11 axústanse ó disposto no artigo 101.1º da Lei do solo de Galicia, «o dereito dos propietarios será proporcional á superficie das parcelas respectivas no momento da aprobación da delimitación do polígono. Así mesmo, os criterios de adxudicación axústanse ó disposto na letra f do mesmo artigo, de acordo coa base 4ª.

Segundo.-Aprobar definitivamente os estatutos e as bases de actuación da xunta de compensación do polígono 2 da área de reparto 2 do sector urbano 32, por pedimento de Sofalco, S.L. representada por Albino Pérez Rodríguez, coa modificación da base 3ª, letra e), que conforme o artigo 14.2º c) da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións, en relación co artigo 70.2º b) da Lei do solo de Galicia, a redacción debe se-la seguinte: «Cesión obrigatoria e gratuíta ó concello da parcela ou parcelas do polígono en que teña que materializarse a cesión do 10% do aproveitamento tipo da área de reparto». Así como o artigo 37 dos estatutos, substituíndo a referencia ó recurso ordinario polo «recurso de alzada», de acordo coa Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro de 1992.

Terceiro.-Designar representante do concello na xunta de compensación a Xosé Luis Rodríguez Cid.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 162 do Regulamento de xestión urbanística.

Ourense, 16 de xuño de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente