Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 14 de xuño de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para modificación de aliñacións no soar nº 43 da Avda. Rosalía de Castro, redactado por Arteplan Galicia, S.L. e promovido por Carmela González Gregorio.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó publico, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 15 de xuño de 1999.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde