Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

EDICTO.

Aprobado polo alcalde deste concello, con data do 9 de xullo de 1998 o proxecto e o prego de condicións económico-administrativas que polo sistema de concurso público urxente e procedemento aberto rexerán na contratación das obras que no punto 2 se indican e pola Comisión de Goberno con data do 12-6-1999, expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Rosal. Praza do Calvario, nº 1, Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Concello do Rosal.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición:

a) Accesos núcleos Pías - O Calvario (orzamento de execución: 29.433.780 ptas.).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos da licitación e criterios de selección: os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados na cláusula 13ª do prego.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do tipo.

b) Definitiva: 4% do adxudicado.

c) Así mesmo, presentarase a oportuna fianza correspondente ó 4% das melloras presentadas e valoradas economicamente.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría do Concello do Rosal.

b) Domicilio: Praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal. Tfno.: 986 62 50 00. Fax: 986 62 60 34.

d) Data límite de obtención de documentación e información: día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10ª do prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Rosal, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días seguintes á data da apertura da documentación xeral dos sobres B e anunciarase, polo menos, 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

O Rosal, 15 de xuño de 1999.

José Luis Rodríguez Martínez

Alcalde